quarta-feira, 28 de dezembro de 2011

¿Que vén sendo "educación"?

Cando falamos de educación, o primeiro que nos vén á cabeza é un pupitre, un escolante  menor de idade que desde o pupitre escoita, ou fai que escoita,  deixándose deleitar por un docente ilustrado que lle transmite todas as súas sabencias, as cales memorizará para que ó chegar á casa os seus pais se sintan orgullosos polo resultado numérico do seu traballo. 
Pero o proceso educativo vai moito máis alá. Necesítanse novos métodos cos que explorar e explotar as habilidades e intereses de cada individuo de xeito persoal e intransferible. A educación non é un certificado académico, é moito máis. Só abrindo novas sendas no ámbito educacional será posible reverter este decadente interese educativo no que nos atopamos. Para avanzar haberá que romper con todos eses vellos límites da educación formal e crear, así, un novo concepto popular de educación.

Sem comentários:

Enviar um comentário